Resumo Dietas Silvia

    Resumo das dietas de medios e relacionais

    Silvia Mella
    A observación e a análise dos teus propios itinerarios durante tres semanas fai que reconsideres algúns dos teus movementos. Eu creo que saturo a axenda social  e manteño un trato formal coa a axenda mediática, é dicir, non sempre estou informada do que pasa, pero sempre me manteño activa socialmente. Ás veces consulto os medios para corroborar algo que alguén me dixo. No meu caso o boca a boca segue sendo bastante eficaz. Poderíase dicir que me gusta máis discutir sobre a actualidade que informarme sobre a mesma, no entanto, é de perogrullo dicir que non hai unha sen a outra.
    Por outro lado, son fiel á rutina, no que á consulta de medios se refire. Normalmente non me aventuro cos xornais que leo. Falo de prensa impresa porque a televisión a penas a vexo. Non me gusta nin a programación, nin tampouco os 20 minutos de publicidade que median entre a mesma. A radio gústame, pero escóitoa menos incluso do que eu pensaba. En traxectos largos, no coche, de vez en cando sintonizo algunha emisora que me sorprenda, onte por exemplo, descubrín un programa musical da Radio Galega chamado Planeta Furancho. Volvendo ao tema dos xornais, a escolla dos mesmos depende do día que teña. Os medios habituais son El País, El Mundo, Público e Faro de Vigo. Moi de vez en cando leo El Economista, pero a economía non é o meu forte. Encántanme as reportaxes e as críticas literarias de Le Monde Diplomatique, todos os meses procuro comprar a edición en español impresa. Boto de menos La Vanguardia nos estantes da facultade.
    Gústanme máis os medios impresos que os xornais online. Os primeiros case sempre os leo enteiros, os segundos emprégoos como medios de consulta. Algo que procuro non perder nunca son as viñetas de El Roto.
    Chámanme moitísimo a atención aquelas noticias que vulneran algún tipo de liberdade ou dereito dos cidadáns, sempre me paro máis na sección internacional. O resto das novas merecen un mesmo interese agás os sucesos, que me cansan se son demasiados (informativos telecinco, por exemplo) ou as novas económicas.
    O que non falta no meu dia a día é a lectura dalgún libro e a entrada nalgunha rede social. Os libros soen ser novelas fantásticas ou ensaios. Este mes acabei con Drácula de Bram Stoker e Crónica Negra de España de Jorge Cabezas. Hei de dicir que ambos me decepcionaron bastante, quizais porque me esperaba algo distinto do primeiro e algo máis serio, menos repetitivo e máis profundo do segundo. Agora empecei con El retrato de Dorian Gray, o cal deixei de lado polas tarefas da facultade. Dos libros pasamos ao cine. Normalmente adoito ver dúas ou tres películas semanais, acompañadas dalgunha serie online (Lost, Fringe e The Big Bang Theory por exemplo). Se teño que citar algunha película que realmente me chamase a atención nestes tres meses, creo que o teño bastante claro, V de Vendetta.
    No que respecta ás dietas relacionais, penso que paso a maior parte do meu tempo en Santiago na facultade, e o tempo que estou en Ponteareas case nunca estou na casa. Formo parte da directiva dun equipo de fútbol sala feito entre amigos, que me rouba bastante do meu tempo. Rematou a liga e ascendeu de categoría, esta semana pasou ás semifinais da copa. Estou segura de que chegaremos a xogar en provincial. Algúns días á semana traballo no negocio familiar, e o pouco tempo libre que me queda pásoo coa familia, parella e os amigos. Hai dous días fixemos a ruta de sendeirismo dos Muíños de Picón e Folón, en O Rosal, por poñer un exemplo.


Esta entrada fue publicada en Dietas de Medios. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario