Conferencia Os Ancares

A conferencia O Courel e Os Ancares na literatura e na vida cotiá tivo lugar o pasado luns 24 na Aula 4 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Nela participaron a escritora Helena Villar Janeiro, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego Carme Freire e Orlando Álvarez, membro de SOS Courel. As intervencións de cada un dos relatores versou sobre a realidade destas rexións galegas desde o seu coñecemento e punto de vista, isto é, literaria no caso de Villar Janeiro, sindical e económica de Freire e ecoloxista de Álvarez.

Villar Janeiro destacou o carácter fronteirizo daquelas terras, que as sitúa en certo modo nunha diferenza perpetua co que teñen arredor de si. Ademais, destacou que durante moito tempo recibiu visitas de senlleiros literatos galegos, como Álvaro Cunqueiro, Ramón Piñeiro ou Ánxel Fole. Non puido deixar de sinalar a importancia das lendas da zona na construción do seu universo literario, xa que “unha persoa escribe daquilo que viviu”.

Carme Freire, malia non ser natural do Courel nin dos Ancares, salientou o contacto que ten tido con labregos e labregas da zona, que lle contaron as súas vivencias. Sinalou coma un problema crucial para o mantemento da agricultura na zona o feito de non existiren prezos que permitan vivir con dignidade do traballo da terra. Se ese problema non se resolve non é sustentábel a vida na zona,e iso explica o abandono e perda poboacional que sofre. Criticou a idea enviada desde as institucións e os mercados que defende a modernización, a competitividade e promociona aumentar o tamaño das explotacións e o tamaño dos préstamos e investimentos, pero nunca contempla que aumenten as ganancias dos labregos.

Entre as razóns que deu como responsábeis da situación actual están a desvalorización consciente da explotación pequena axeitada para a vida, e do multiprodutuvismo sustentábel; asombra de dúbida arredor da hixiene que se bota encol de todo produto caseiro; as limitacións á comercialización destes e o gasto de cartos públicos en coutos de caza e “construción de heliportos”. Por último reivindicou o papel da muller labrega e a loita pola cotitularidade das explotacións.

Orlando Álvarez, de SOS Courel, considera que hoxe en día existen medidas intencionadas destinadas a botar a xente do Courel e dos Ancares. O lugar ten interese desde o punto de vista madereiro, e na actualidade as subvencións que deberan ir para os labregos van para a plantación de especies coma o piñeiro. Tamén se producen queimas para inutilizar a terra para a agricultura. Lamentou que o Courel de hoxe non se pareza “en nada” ao que cantou Uxío Novoneyra en 1985. Destacou unha serie de problemas como as canteiras, “froito da corrupción” xa que orixinalmente foron ilegais, os residuos deitados nos ríos –salientando que boa parte da contaminación das rías galegas ven do interior do país-, a falla de asistencia sanitaria para os veciños e as leis inaplicadas de defensa do medio. Ademais sinalou o interese de alcaldes coma o de Quiroga nas empresas de pizarra.

Na quenda de preguntas posterior á charla xurdiron temas como o status de Parque Natural e as súas consecuencias nun territorio ou o cultivo ecolóxico, ante o cal Carme Freire defendeu a produción labrega como mellor garantía dun produto de calidade.

Máis información no artigo de Villar Janeiro.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en O rural galego: o caso dos Ancares.. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s