Dietas Davide

David Fernández Mangana. Comunicación local. 4ºXornalismo

Conclusións sobre as dietas

Como se pode observar ao longo das tres catas realizadas mensualmente, son unha persoa bastante rutinaria pois sempre acostumo a realizar as mesmas tarefas, saídas, quedadas e demais ao longo de tódalas semanas ao igual que sempre accedo aos mesmos medios e soportes cando preciso información. Partindo desta premisa e de que habitualmente non acostumo a ver a televisión, oír a radio(tan só para escoitar o Carrusel o Largueiro ou algún especial como poden ser os Oscar), nin a ler ningún xornal, así como que en Internet só accedo case en exclusiva á información deportiva outorgada por portales como Marca.com ou As.com e foros como Notasdefútbol.com e Goal.com/es podemos concluír que só presto especial atención aos deportes e o resto da información me chega de rebote cando estou nun bar ou falando con alguén xa que na tv só vexo os eventos deportivos como partidos de fútbol (que non son poucos os que vexo), basket, tenis… e se coincide os deportes do telexornal ou algunha serie ou peli, aínda que esto último sempre o vexo no pórtatil co fin de evitar tódolos cortes publicitarios, ademais de que as series sempre as vexo mentres como e polo tanto é para min máis cómodo usar o pc. As películas acostumo a velas na compaña de algún amigo e nalgunha casa, aínda que non é raro que acuda ao cine se se preoduce algunha estrea de interés.

Falando de cine(incluindo tamén series), a miña outra gran paixón ademais do deporte, amóldome a todo tipo de xéneros aínda que prefiro acción, suspense e épica. Sen embargo, nas series si que teño predileccións como Lost, House, How I met your mother ou The big bang theory entre outras. Ademais de ver bastantes películas durante a semana e de ver como mínimo un capítulo diario de series varias, merco mensualmente revistas como Cinemanía e Cine-Dvd acción para informarme e en Internet acudo a Elseptimoarte.net, Labutaca.net ou seriesadictos.com.

En canto a xornais tan só merco o Marca se hai algún evento importante ou El País e ABC porque traen coleccións de cine con filmes interesantes e así aproveito para botarlle un ollo á información e ao seu semanal, senón tan só os leo en cafeterías e na rede, a excepción da visita diaria a Marca.com, entro en contadas ocasións a ElPaís.com e a 20minutos. Ás veces, se recibo algún exemplar dun diario gratuíto pola rúa, tamén lle dou unha ollada.

En Internet, como xa comentei accedo especialmente a ver películas e series, así  como a informacións deportivas, aínda que tamén vexo algúns partidos de fútbol e os da NBA.

Falando da rede eu non teño ningún tipo de rede social, porque considero que son un mal vicio, polo que non uso Internet para comunicarme cos demais e iso sumado a que paso tan pouco tempo pendente da información débese a que prefiro quedar coa xente e estar máis pendente das relacións humanas, xa sexa para falar e comentar o día a día, ir a tomar algo ou saír de festa, xogar un partido ou a consola ou ver unha película. Aínda que sempre quede e me relacione coa mesma xente(persoas da facultade, compañeiros de piso, amizades doutras facultades, antigos compañeiros da residencia ou xente do equipo de fútbol) e acuda as mesmas casas, lugares (excepción dalgunha viaxe) e bares prefiro estar na compaña destas persoas a coñecer a información exterior (aínda que é importante) porque valoro máis o que me pode aportar cada persoa co seu mundo particular que o que me pode proporcionar a tv ou un xornal, xa que considero que, quizais non é a mellor forma de ter máis cultura, pero sí unha forma diferente de adquirir coñecemento e de formarse como persoa e madurar, algo moi complexo e delicado hoxe en día.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Dietas de Medios. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s