Paper Davide

David Fernández Mangana. Comunicación local. 4ºXornalismo

O local como camiño máis curto para chegar ao global

RESUMEN

Nun mundo cada vez máis globalizado e menos humanizado, no que cada persoa non se sinte única pola falta de seguridade que ten, sendo a cidade un factor clave nesa sensación, o individuo necesita atopar un grupo cun intereses comúns que lle aporte confianza e o faga sentirse dentro dunha comunidade. Algo máis sinxelo de conseguir en espazos reducidos, nun ámbito local onde é máis fácil comunicarse e pór todo en común. Para tal fin están os medios de comunicación locais, que en vez de verse afectados por un ámbito cada vez máis global saen reforzados porque a comunicación trata de acercarse á área de consumo maioritario e á vez ofrecer contidos de cercanía, de interese comunitario.

ABSTRACT

In a world that is more globalized and has less humanity as long as time goes by, where people have no feeling of being unique because of the lack of security that have in their selves and because of cities, that are one of the most important factors to help people having this feeling, they need to find a group of people with their same interests. If they find it, that would give them confidence and would make them feel part of a community. This is easier to achieve in smaller places or groups, locally, like a village, a neighbourhood and so on.  There, it is easier to communicate and share everything.

The local media has this purpose, and the fact that everything is trying to be globalized reinforce that media because it tries to get close to the biggest consumption area, at the time that tries to offer interesting things for the local community, not just global information.

PALABRAS CLAVE:

Local, global, comunidade, cidade, humanizar, medios de comunicación, unión

KEY WORDS:

Local, global, community, city, humanity, media, union

Nun mundo cada vez máis globalizado e nunha sociedade na que cada vez máis as présas están ao orden do día e na que cada vez a xente se detén menos para preocuparse polo que ocorre ao seu arredor, palabras como comunicación e comunidade xogan un papel vital para que as persoas se atopen mellor consigo mesmas e por conseguinte cos demais.

Isto é así, porque hoxe en día, a globalización abarca practicamente tódolos ámbitos de todas e cada unha das nosas vidas e polo tanto somos conscientes de que a “nosa vida” xa non depende tan só de nós posto que este mundo nos ofrece unhas posibilidades e ilusións banais que nos incitan a cumplir os nosos soños dunha gran vida dun xeito, tan fantasioso e idílico que logo para nada estamos preto de conseguilos. E é que nun mundo no que todo é tan variable e no que todo cambia dun xeito tan áxil sen pararse a pensar en como afectan tódolos cambios a cada individuo en concreto, nós atopámonos tan sós e indefensos que precisamos crer que podemos seguir tódolos rumbos e avatares que nos marcan os distintos xiros que dá o mundo para ser felices e deste xeito seguimos tropezando unha e outra vez nos múltiples obstáculos e trabas que nos vai soltando a constante evolución planetaria. Por iso, somos tan inseguros para propornos conseguir as metas que fagan os nosos soños realidade, e é que tal e como di Zygmunt Bauman, botamos en falta a seguridade nun mundo que cada vez é menos capaz de ofrecela e máis reacio a prometela e polo tanto dáse a incapacidade de ser felices porque para tal estado de ánimo é vital que se nos asegure ou proporcione unha certa estabilidade emocional e física (traballo, soldo, vivenda…). Estabilidade case imposible de conseguir hoxe en día e por ende se o individuo bota en falta a seguridade tamén bota en falta a comunidade como afirma Bauman. Unha comunidade que sería un pilar básico para comezar a ter seguridade e para forxarse unha vida estable porque todo ten que partir dun grupo cunhas mesmas características ou cunha motivación común para que a persoa non se sinta aillada deste constante vaivén do mundo. Aínda que o tema da comunidade xa o tocarei máis adiante.

A urbe como factor deshumanizante

Esa falta de seguridade do ser humano ante un mundo cada vez máis globalizado pónse de manifesto moito máis claramente nas cidades, non só nas grandes senón xa nas pequenas urbes nas que se palpa xa unha constante ida e volta dos individuos que nelas habitan. Aquí poderíamos sinalar polo tanto á cidade como un factor deshumanizante, como unha tapadeira que impide que cada individuo mostre o seu verdadeiro potencial, que destape o seu particular tarro das esencias. E é que na urbe, cada persoa acaba mimetizándose co seu entorno sen buscar destacarse ou diferenciarse dos demais, e o que é máis preocupante aínda, sen pararse a pensar nos demais. Cada un vai ao seu ritmo e tenta levar a súa vida sen que o que ocorre ao seu arredor e a os que están no seu entorno lle afecte o máis mínimo, provocando que tódolos seres rematen sendo semellantes e actuen practicamente como autómatas ou ciborgs. Cada un a súa rutina, a facer tódolos días o mesmo e nada de pararse a pensar en innovar, ¿para que? Se os domingos é o día de comer coa familia para que me vou a molestar en organizar unha saída ao campo cos meus fillos?

Para falar de todo isto, podemos pór como exemplo o filme de Un tipo genial, xa que o protagonista mentres está na cidade, non se atopa para nada cómodo, xa que non encontra esa liberdade que verdadeiramente ansia e que o permite actuar e proceder do xeito no que el se atope mellor, que é o que lle ocorre a gran parte da xente, que se amolda a patróns de conducta determinados e logo non sabe actuar por libre, senón que segue o que fai a inmensa maioría.

Ademais, cabe sinalar, que nas urbes, que é onde se acumula gran parte do capital, a xente acostúmase como xa dixen a un determinado tipo de vida e a seguir sempre os mesmos hábitos e iso non só se debe ao propio individuo, senón que o capital tamén inflúe. É así, porque o capital modifica o territorio, pero non só o físico senón tamén o mental, xa que provoca que se implante unha determinada cultura de consumo e uns xeitos de proceder determinados que coartan a liberdade individual e provocan que xa se teñan establecidos patróns determinados nas cabezas da xente. Se temos un rato libre imos o cine ou a unha terraza porque é o que fan os demais.

O local como salvador humano

Polo que se o temor principal do individuo ou mellor dito, o que bota en falta na cidade é a seguridade, e que en ausencia diso tamén se bota en falta a comunidade, cómprendese que entre a xente xenere medo vivir nunha urbe porque, como xa indiquei, o que quere o individuo e que se lle asegure certa estabilidade e liberdade. Aquí entraría en xogo o contraste que explicaba Williams entre local e urbe que se pode contextualizar en Un tipo genial, xa que o protagonista comeza a cambiar cando chega ao rural, comeza a humanizarse, porque todo o que non lle proporcionaba a cidade o consigue nun espazo moito máis reducido. Redimese do seu pasado, elimina esa deshumanización que provocaba a cidade e atopa a súa liberdade na convivencia coa natureza, pasa de vivir unha vida rutinaria e que non era a “súa” (eclipsado polos demais) a iniciar o proceso humano de habitar, non só vivir, senón tamén convivir con e para os demais. Ese paso a un espazo máis pequeno provoca que se valoren moitas máis cousas que antes non se apreciaban ou pasaban completamente desapercibidas. Búscase conxeniar con outras persoas, atopar un grupo de xente co que congraciarse e que non teña nada que ver coa túa familia, como por exemplo empezar a facer piña cos teus catro compañeiros de traballo, etc. É dicir, o que comeza a cambiar nese proceso humano é que o individuo atopa un grupo, unha comunidade na que se ve protexido. Comezan a valorarse as relacións persoales e non hai un vaivén nin cambios tan costantes como nas urbes. O individuo comeza a intimar e é máis descubrir os valores humanos doutras persoas. Como exemplo, podo sinalar o que me pasa a min, tal e como sinalei nas dietas, que non preciso acudir a ningún medio ou soporte para saber o que pasa no mundo (eso xa me chegará en conversas coa xente) para sentirme realizado (de aí as poucas consultas que fago). E non o preciso porque penso que o que realmente completa a forma de ser dunha persoa e o que a fai madurar por completo son as relacións humanas, ese proceso humanizador que sinalaba Williams, que se da moito mellor nun pequeno grupo de xente que nunha gran masa.

O concepto de comunidade dentro do local

E é ese pequeno grupo, no que realmente eres ti mesmo, o que marca as túas expectativas e o que pode facer que te propoñas uns soños que verdadeiramente sexan realistas e non se vexan coartados polos constantes cambios de rumbo dunha cidade. Xa que ti, nese pequeno grupo atopas a confianza e a seguridade que, como dicía Bauman, ese gran mundo é reacio a prometer e case incapaz de ofrecer. Porque se tes seguridade necesaria para conseguir o que te propoñas será porque hai alguén detrás que te motive para iso, ergo, se xa tes seguridade en ti mesmo e no que te rodea e porque estás en comunidade. Unha comunidade, que incluso se podería dar na urbe, aínda que é moito máis sinxelo buscala en espazos reducidos, como poden ser o teu grupo de veciños, os compañeiros de traballo ou de clase, aínda que dentro deses grupos sempre se vai acotando ata delimitar a túa verdadeira “comunidade” e para iso non hai máis que botar unha ollada á nosa clase. Todos nos saudamos e falamos educadamente pero unha vez fora da aula ti quedas para tomar algo ou falas de cousas con aqueles que son máis afíns a ti ou cos que tes intereses comúns, non con todos. Polo tanto, poderíase definir a comunidade como aqueles individuos que en base a algo que os une, xeran un interés común, como o caso da xente de clase, que nos une unha carreira e por exemplo empezaste a levar co que lle gusta ir e facer as mesmas cousas ca ti, ou aquel grupo de amigos que están nun equipo de fútbol e se empezan a levar porque ten o fútbol en común. Así unha comunidade fórmase por intereses comúns e iso é máis sinxelo de conseguir nun ambiente local que nun global.

A comunicación e os medios como parte da comunidade

Pero para que unha comunidade vaia a bo porto necesita establecer unha relación, participar nun proceso de negociación no que interveñan, al menos, dúas partes xa que se non coñeces a quen tes diante non te vas nin esforzar en entablar unha relación, é dicir, unha comunidade basicamente precisa comunicarse. Aí, entra en xogo o concepto de comunicación, que significa “participar en común”. Definición que xa se acuñou no século XIV en Francia, no coñecido como modelo orquestal, explicado por Yves Winkin. Este modelo decía que comunicación proviña de común, aínda que logo evolucionou a posta en común que é a participación de aqueles que se comunican (o que ocorre no seo dunha comunidade). Pero, como tamén indica Winkin, hai outro modelo, que é o telegráfico, que sinala que a comunicación é algo tan complexo que non se pode definir. Definase ou non se defina está claro que hai dous xeitos de entender a comunicación, unha é a da posta en común e a outra é a de que alguén diga algo e cada un o reciba como queira porque existen diferentes formas de percepción.

Pero voltando ao tema que nos incumbe, sen tanto divagar, é evidente que dentro dunha pequena comunidade existen “x” medios para comunicarse e como se produce nun espazo reducido eso consíderase comunicación local, así que como explicar que agora que a globalización abarca case tódolos ámbitos da nosa vida, se poidan seguir mantendo os distintos medios de comunicación locales e as relacións tan estreitas? Este interrogante lévanos ao último punto do traballo.

O local e o global vencellados estreitamente

Ese interrogante, pódese responder de varias maneiras. Hai que partir da base de que a globalización afecta a tódolos medios, incluidos os locales e iso implicaría que con tanta innovación tecnolóxica e converxencia mediática se tivesen que redefinir os medios locales e incluso desaparecer ante a inminente mundialización de contidos, posto que transmitirían contidos de escaso interese ou que só lle chegarían a un grupo. Pero, nada máis lonxe da realidade, e é como di o Director en comunicación audiovisual, Fernando Sabés Turmo: “moitas das definicións tradicionais de comunicación local seguen sendo válidas hoxe en día, pero con matices”. De aí a paradoxa deste mundo cada vez máis globalizado que é que a comunicación básase na combinación de dúas variables: a producción próxima ao área de consumo maioritario e a oferta de contidos de cercanía. Por iso, aínda que produzas para unha inmensa maioría o que lle sigue interesando á xente é o máis próximo a eles. E que mellor xeito de concluír o traballo que cerralo cunha cita empregada polo profesor Xosé López no seu texto La comunicación del futuro se escribe con L de Local: “Esta fase de grandes transformaciones, que camina de la mano de las tecnologías actuales y de la economía, nos ha conducido a una sociedad más mundializada en la que se produce una revalorización y un redescubrimiento de lo local. En la actualidad global y local constituyen las dos caras de una misma moneda, la que simboliza el hipersector de la comunicación. Y, mientras avanza la globalización o se multiplican las redes que facilitan la intercomunicación en tiempo real, el valor social de la información de proximidad también aumenta.”

BIBLIOGRAFÍA

Dr. Xosé  López García. “La comunicación del futuro se escribe con L de Local” Revista Ámbitos, nº5 2º semestre de 2000.

Dr. Fernando Sabés Turmo. “Propuestas para una redefinición de la comunicación local en la convergencia mediática”. Exposición nun congreso da Universidade de Salamanca.

Filme Un tipo genial (Local hero) de Bill Forsyth e protagonizada por Burt Lancaster.

Apuntamentos dados na aula polo profesor da materia.

Guillermo López García. “Comunicación local y nuevos formatos periodísticos en Internet: cibermedios, confidenciales y weblogs”.

Yves Winkin (1982) “El telégrafo y la orquesta” en Bateson. Barcelona. Editorial Kairós.

Zygmunt Bauman (2003) “Epílogo” de Comunidad. En busca de seguridad en un mundo hóstil. Madrid. Siglo XXI de España Editores.

Akhil Gupta e James Ferguson (1997) “Más allá de la “cultura”: espacio, identidad y la política de la diferencia (trad. W. Stowe). Durham and London; Duke University Press.

Ed Hollander, James Stappers e Nicholas W. Jankowski (2002) “Community Media and Community Communication” en Jankowski, N.W. e O. Prehn(eds.)

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Papers. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s